Para o comercio de Boiro
Que en Boiro saiban o que tes
Antes de saír, moita xente mira no móbil o que hai preto. Ensina os teus produtos, servizos e ofertas á xente de Boiro; se lle interesan, pode falar contigo directamente.
Cóntanos que negocio tes; revisaremos a túa solicitude.
Xa estás en MerkaLocal? Entra no teu panel
Que saiban que o tes ti
Se buscan algo que vendes ou un servizo que fas, poden atoparte en MerkaLocal dentro do teu concello. Se non saben que estás aí, é difícil que veñan.
O que tes, á vista a calquera hora
Sube fotos, prezos e detalles dos teus produtos ou servizos. Vense desde o móbil aínda que baixases a persiana, e quen te garda como favorito atópate de novo cando che fai falta.
Ofertas con data, sen líos
Pon cando comeza e cando remata cada oferta. A xente sabe ata cando chega a tempo, e a ti non che queda ningún anuncio caducado.
A conversa segue no teu mostrador
MerkaLocal axuda a que cheguen ata ti; a atención segue nas túas mans. Poden chamarte ou escribirche, e ti respondes como fas cada día.
Sabes se están mirando o teu negocio
Mira cantas veces visitan a túa ficha e os teus produtos, e cantas persoas premen para chamarte ou escribirche. Así sabes que esperta curiosidade.
Así é o teu día co panel
Todo o que fas no comercio, nun só sitio e en galego. Datos de exemplo dun comercio de roupa.
Como funciona a alta
- 1
Solicitas a alta
Dásnos os datos básicos do teu negocio. Comprobamos que é un negocio local e que podes xestionalo.
- 2
Completas a túa ficha
Se aprobamos a solicitude, enviámosche unha ligazón por correo electrónico. Engades a información e o horario — as fotos podes subilas despois, desde o teu panel.
- 3
Publicas e entras no panel
Revisas a túa ficha e publícala. Despois enviámosche o acceso ao panel para engadir produtos, servizos e ofertas, e mantelos ao día.






